Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

miércoles, 17 de mayo de 2017

Convocadas probas de acceso a ensinanzas artísticas superiores 2017 sin requisito de titulación

A Consellería de Educación publicou a convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, para o curso 2017/2018. 

PRAZO DE INSCRICIÓN:
Do 13 ó 31 de maio de 2017


REQUISITOS:
  • Para as ensinanzas superiores de Música: 16 anos cumpridos como mínimo no 2017.
  • Para as ensinanzas de ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Deseño, e de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 18 anos cumpridos como mínimo no 2017. 
  • Non ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Non estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente. 

INSCRICIÓN:
Lugares de inscrición: na secretaría dos seguintes centros. 

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Para a formalización da inscrición os centros superiores facilitaranlle ás persoas interesadas o modelo de solicitude. Unha vez cuberto entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto cunha copia compulsada do DNI, NIE ou pasaporte. 

DATA, LUGAR E HORARIO DA PROBA:
A proba de acceso realizarase o día 7 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:

– 9.00 h: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España.



As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.

flecha-imagen-animada-0314LIGAZÓNS PARA INFORMARSE:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...